Tras remitir carta AXG-CUT á Consellería de Sanidade pedindo a realización das PCR no xulgado de Verín, a Xunta realizou PCR aos traballadores do xulgado de Verín.
Con respecto á xestión da COVID, a actuación da Dirección Xeral para cos funcionarios da Xustiza Galega non só é moralmente inaceptable, senón neglixente, tras negarse no mes de decembro á petición de AXG-CUT para que os traballadores dos xulgados puidesen participar nos cribados masivos que se fixeron en Verín, e que debido ao altísimo número de positivos existentes na zona estábanse a realizar a tódolos cidadáns do SERGAS.
Máis tarde, o día 13 de xaneiro, cando se coñeceu o primeiro positivo nos xulgados, e nos días posteriores, a DXX non fixo nada, igual que en moitos xulgados de Galicia, para lograr PCR para o resto de traballadores.
Ante a denuncia de AXG-CUT nos medios de comunicación, e cando xa había 4 positivos, un deles un empregado da limpeza, o Director Xeral segue calado e mirando para outro lado.
Ten que ser a Consellería de Sanidade quen, tralas petición por carta ao Director Xeral, emende a plana ao propio Juan José Martín.
Desde AXG-CUT seguiremos denunciando o pasotismo do Director ante a maior pandemia que lembramos e non perdemos o tempo en agasallos pagos coas subvencións do goberno.
Pronta recuperación para @s traballador@s de Verín.
A día de hoxe hai 6 casos positivos, entre un cadro de persoal de 17 persoas, nos xulgados de Verín.
Etiquetas: COVID 19 , DXX DENUNCIA