"publicado no DOG"
EGAP; Actividades de formación continua en materia de idiomas
1 de febreiro de 2021
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades
de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da
Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas
instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración
de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das
universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
.....
1-Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal
ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas
instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza...
2-Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un
deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina
web <https://egap.xunta.gal> .
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao
da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a dúas.
Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza a presentación da solicitude para participar nelas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. ....
Imprimir / Compartir