COMISIONS DE SERVIZO; Adxudicacións definitivas órganos de nova creación

11 de marzo de 2021

"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet de Xustiza a resolución que resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos de Xestión, Tramitatación en Auxilio ao servizo da Administración de Xustiza.

As comisións de servizo adxudicadas comezarán o vindeiro día 31 de marzo de 2021, data na que está previsto que entren en funcionamento os novos órganos xudiciais da programación de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Todo o persoal funcionario seleccionado deberá incorporarse no órgano xudicial asignado o vindeiro día 31 de marzo de 2021.