TEXU; Taboleiro Edictal Xudicial Único

26 de maio de 2021


"publicado na intranet"


TEXU | Taboleiro Edictal Xudicial Único 

O sistema automatizado de publicación edictal está operativo dende o 25 de maio de 2021 para o envío dos documentos que deban ser publicados a partir do 1 de xuño, podendo os/as usuarios/as acceder ao sistema dende a ligazón extranet.boe.es/teju/. 

A publicación electrónica estará integrada no Boletín Oficial del Estado. Os órganos xudiciais contarán cun sistema automatizado de remisión e xestión de edictos de xeito tal que, baixo o control e a responsabilidade das/os letradas/os da Administración de xustiza, insten á inserción dos correspondentes actos procesuais no taboleiro. 

Consulta a información no BOE. Ademais, dispós dun espazo coa información relevante sobre o TEXU premendo na seguinte ligazón.