"publicado no DOG"
EGAP; xornadas de práctica dixital E-martes
26 de maio de 2021
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021 pola que se convocan, no marco da
iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital
(E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación
práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega
e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da
Administración electrónica.
As persoas destinatarias destas actividades son:
O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas
destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar
debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de
Compostela.
Datas: os martes 1 e 15 de xuño de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas cada xornada.
Persoal empregado público: 16 prazas.
Inscrición.
1. A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática
accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.
Imprimir / Compartir