"publicado no DOG"
Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para o Celga.
13 de agosto de 2021
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e
Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de
linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de
lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas
oficiais de idiomas de Galicia.
Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua
galega (Celga), para o curso 2021/22, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se
indican nos anexos I e II, respectivamente.
Os cursos impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou
de tarde.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4
ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Imprimir / Compartir