EGAP; Xornadas Dixitais E-martes

30 de agosto de 2021


"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG: RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. Datas: os martes 7 e 21 de setembro de 2021. 
Horario: mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas cada xornada. 5. 
Número de prazas. • Persoal empregado público: 16. • Cidadanía: 13

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
Para a xornada E-martes do día 7 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación ata as 23.55 horas do día 2 de setembro de 2021.
Para a xornada E-martes do 21 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación ata as 23.55 horas do día 13 de setembro de 2021. 

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41