Muxexu Pontevedra: atención no edificio da Parda

13 de setembro de 2021

Dende a inauguración do novo edificio xudicial de A Parda a maior parte de traballadores da cidade de Pontevedra, atópanse neste edificio (300 traballadores aproximadamente); Pola contra, hoxe en día no edificio da Audiencia Provincial só quedan aproximadamente 60 traballadores.

AXG-CUT ven de presentar un escrito á Dirección Xeral de Xustiza para que habilite un espazo no que ubicar a oficina da Muxexu e así, alternando os días, poida atender aos funcionarios en ambos edficios.