Os xulgados galegos, faltos de persoal e medios e con 156.000 casos sen resolver

26 de maio de 2022


"publicado en prensa"

Alárganse os tempos de espera dos procedementos.

O rei español, Felipe VI, presidiu esta terza feira en Vigo a inauguración oficial da Cidade da Xustiza, que albergará 38 xulgados e dúas seccións da Audiencia de Pontevedra e onde a Xunta investiu 40 millóns de euros. Até 500 funcionarios traballarán nestas instalacións, 44.000 metros cadrados, que non estarán plenamente operativas até 2023.




Para os sindicatos e representantes do persoal, nada que deba sorprender de ter en conta a falta de persoal e medios que hai na xustiza galega. "Por veces parece que somos de segunda división", resume a Nós Diario Óscar Freixedo, da CIG-Xustiza. Pablo Valeiras, de Alternativa pola Xustiza-CUT, confesa que "a situación non dá mellorado" malia o paso dos anos.