"publicado na intranet"
OURENSE. Cisco Meeting deixará de estar operativo no partido xudicial o 18/05/2022
12 de maio de 2022
"publicado na intranet"
O vindeiro mércores 18 de maio o sistema de videoconferencias Cisco Meeting deixará de estar operativo no partido xudicial de Ourense, salvo para a Sección 2ª da Audiencia Provincial de Ourense que deixará de estar operativo o día 23 de maio. Todos os actos con participación telemática que se efectúen a partir desa data realizaranse co novo sistema de videoconferencias Cisco Webex.
Se o teu órgano pertence ao partido xudicial de Pontevedra, no caso de que xa teñas organizada algunha videoconferencia con Cisco Meeting que vaia a ter lugar despois do 18 de maio, ou no caso da Sección 2ª da Audiencia Provincial a partir do día 23, lembra que debes enviar os novos datos de conexión da túa sala Cisco Webex ás persoas participantes.
Se non o fas, estarán a empregar datos de conexión obsoletos e non poderán conectarse á videoconferencia.
Consulta máis información sobre Cisco Webex aquí.
Tamén podes ampliar os teus coñecementos sobre o sistema realizando o curso dispoñible na plataforma de teleformación.
Ademais, nesta infografía interactiva atoparás todo o proceso para realizar a videoconferencia con éxito, explicado paso a paso.
Imprimir / Compartir