SIRAX2; Activación do novo sistema de Rexistros Administrativos de apoio á Administración de Xustiza o 27/06/2022

21 de xuño de 2022


"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; O vindeiro día 27 de xuño realizarase a implantación e activación do novo sistema de Rexistros Administrativos de apoio á Administración de Xustiza (SIRAX 2).

Recomendámosche asistir a algunha das sesións de capacitación online en directo na Plataforma de Teleformación dentro da actividade “Sirax 2”, especialmente dirixida aos corpos de xestión e tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial. 

Estarán dispoñibles 8 quendas os días 20, 21, 22 e 23 de xuño para que asistas á sesión que máis che conveña.

Ademais, para que a implantación sexa eficaz, debes realizar a actividade en liña “Sirax 2”, de matriculación libre, que estará á túa disposición na Plataforma de Teleformación a partir do día 20/06. É recomendable que consultes tamén a información dispoñible na Intranet.