Fortuny; novidades 7.11.2.2

24 de outubro de 2022

"publicado na intranet"


Novidades da versión 7.11.2.2 

A continuación atopas as principais novidades introducidas pola versión 7.11.2.2 de Fortuny, así como os erros que corrixe. Expurgo de procedementos 
•Actívase o expurgo automático de Asuntos pasando a histórico os Asuntos antigos que teñan máis de cinco anos de antigüidade. Igualmente habilítase unha opción de recuperación desde o histórico daqueles procedementos que fose necesario, ben por resolución xudicial ou por calquera outro motivo que obrigue a reactivar un Asunto concreto. 
•A recuperación só se pode realizar con perfil de Administrador.

Filtro "Sen Asignación" en "Trámites Pendentes de realizar" Inclúese unha opción "Sen Asignación" nas procuras das consultas de "Trámites Pendentes de Realizar" de maneira que, ao seleccionar un Rol, póidase marcar o check “Sen Asignación” (distinto do nome en branco) para poder visualizar todos os trámites pendentes de realizar que non están asignados a ningún fiscal, visador ou tramitador.