As deficiencias Cidade da Xustiza de Vigo chegan o Parlamento. Sobrecusto de 10,6 millóns de euros

24 de febreiro de 2023


"publicado en prensa"

As obras da Cidade da Xustiza de Vigo chegaron onte ao Parlamento da Galiza. As mesmas remataron cun sobrecusto para a Xunta da Galiza de 10,6 millóns de euros respecto ao recollido no orzamento inicial. O reformado inmóbel -antes Hospital Xeral de Vigo- presenta numerosas deficiencias.



As diferentes modificacións dos proxectos de demolición e obras da Cidade da Xustiza de Vigo acabaron xerando un sobrecusto de 10,6 millóns de euros. A proposta de demolición foi licitada inicialmente por 1,8 millóns de euros. Porén, o seu custo final chegou a 2,4 millóns de euros. A alza de máis de 30% no prezo da actuación producise após un informe dunha consultora externa, cuxo contido segue negando o Goberno galego ás forzas da oposición.

Accede o contido completo premendo no enlace.