EGAP; Cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos

17 de marzo de 2023

"publicado no DOG"




Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 27 de marzo de 2023. 

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres. 

Para facilitar a presentación das solicitudes, as dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.  

Para acceder a información completa preme na seguinte ligazón.