Celga 1,2,3 e 4; convocadas probas para obtención dos certificados.

13 de marzo de 2024

"publicado no DOG"


Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).


As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio e xuño de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).


As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.






O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.