Amosando publicacións coa etiqueta probas avaliación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta probas avaliación. Amosar todas as publicacións

Celga 1,2,3 e 4; convocadas probas para obtención dos certificados.

13 de marzo de 2024

"publicado no DOG"


Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).


As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio e xuño de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).


As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.






O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


Datas realización probas certificados lingua galega Celga 2, 3 e 4 no ano 2021

27 de outubro de 2021


"publicado no DOG"    


A Secretaria Xeral de Política Lingüística ven de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021 (código de procedemento PL500C).

Fixanse as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021: 
 

Convócanse as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

30 de outubro de 2019

"publicado no DOG"

Co gallo de capacitar o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia para a realización das tarefas básicas no desempeño dos seus postos de traballo, convocáronse diversas actividades formativas mediante a Resolución do 11 de marzo de 2019 publicada no DOG núm. 54, do 18 de marzo.
Estas actividades foron ofrecidas na modalidade de autoformación co fin de que as persoas participantes adquirisen coñecementos e habilidades de xeito autónomo, asumindo un papel activo no proceso de aprendizaxe e procurando que a formación fose accesible, homoxénea e inmediata sen limitacións debidas a dispoñibilidades horarias ou xeográficas, para favorecer, en consecuencia, a conciliación da vida laboral e familiar.
Non obstante, na propia convocatoria establecíase que o persoal que participase neste programa de autoformación unicamente podería acceder aos contidos das actividades, deixándose para un momento posterior a convocatoria das probas de avaliación que é preciso superar para ter dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.
Con todo, as seguintes actividades do referido programa de formación para o posto de traballo seguirán sendo accesibles ate o vindeiro 20 de decembro de 2019: