Alternativas solicita o nomeamento urxente de persoal interino para o Rexistro Civil de Viveiro

30 de junio de 2015


Escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza


No día de hoxe tivemos coñecemento da situación de colapso que se está a producir no Rexistro Civil de Viveiro como consecuencia da concesión dunha comisión de servizo a unha compañeira do corpo de Tramitación e que o outro compañeiro que atendía ao servizo, do corpo de Auxilio, teña que, á súa vez, substituír por vacacións a un compañeiro doutros xulgado.

Resulta inaudita a falta de previsión desa Dirección Xeral que non é quen de prever as consecuencias que unha comisión de servizo ou o comezo das vacacións de verán poden ter nun servizo público tan importante (que, polos trámites que realiza, non se pode paralizar nunca) como é o Rexistro Civil.

Neste momento a situación do Rexistro Civil é de colapso, que se agravará nos próximos días, e as consecuencias desta situación as están sufrindo tanto os cidadáns coma as funcionarias e funcionarios do Xulgado e do Rexistro Civil que teñen que atrasar o seu traballo diario para atender este servizo.

Sen prexuízo de denunciar publicamente esta situación, dá que á única responsable é esa Dirección Xeral, demandámoslle xa que, con carácter urxente, proceda ao nomeamento do persoal interino necesario até que o Rexistro Civil poda ser atendido polos funcionarios titulares.