Modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais.

29 de abril de 2024

"publicado no DOG"

Vense de publicar RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

Mediante a Resolución do 26 de marzo de 2015 publicouse a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa estrutura e organización foi determinada polo Decreto 124/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 186, do 30 de setembro de 2014) e que foi aprobada con carácter definitivo polo Ministerio de Xustiza pola Orde JUS/660/2015, do 25 de marzo (BOE núm. 92, do 17 de abril de 2015). Posteriormente, polas resolucións do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 225, do 25 de novembro de 2015), do 1 de xullo de 2020 (DOG núm. 138, do 13 de xullo de 2020), e do 7 de novembro de 2022 (DOG núm. 219, do 17 de novembro de 2022), modificouse a devandita relación de postos de traballo. 

De acordo co artigo 523 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, unha vez aprobadas as relacións de postos iniciais, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia para aprobar as súas modificacións. En todo caso, as modificacións das RPT iniciais que se produzan deberán contar co informe previo do Consello Xeral do Poder Xudicial e, para a súa efectividade, é preceptiva a comunicación previa ao Ministerio de Xustiza. Polo exposto, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación e o Consello Xeral do Poder Xudicial, e comunicada a modificación ao Ministerio de Xustiza, 

DISPOÑO: 

Artigo único 

Aprobar a modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia que figura no anexo da presente resolución.