Xulgado de violencia sobre a muller. Comunicado do Comité de Folga

11 de decembro de 2015


COMUNICADO DO COMITÉ DE FOLGA

XDO. VIOLENCIA SOBRE A MULLER EXCLUSIVO DE VIGO


· Reunión negociación servizos mínimos para a FOLGA no Xdo. de Violencia sobre a Muller Exclusivo de Vigo.


Onte, día 10 de decembro, o Comité de Folga (traballadores do Xdo. de Violencia sobre a Muller e delegados de AXG-CUT) fomos convocados por o Director Xeral para negociar os servizos mínimos para os días da FOLGA.

Na reunión foi imposible chegar a un acordo. O Comité defendeu que unicamente quedara un traballador como Servizo Mínimo durante a Folga de 3 horas diarias. Pola súa parte a Xunta de Galicia ofreceu un Xestor ou Tramitador e un Auxilio Xudicial (que é o que se publicará no DOG).


NON IMOS PERMITIR:

• Que moitas mulleres maltratadas non denuncien por falta de confianza no sistema xudicial.


• Que se teñan que suspender dilixencias urxentes


• Que os maltratadores se aproveiten dos retrasos xudiciais para continuar maltratando.


• Que as medidas provisionalisimas teñan máis de 4 meses de retraso, provocando que os menores estén durante este tempo en contacto co maltratador.


• Que no último Trimestre 10 demandas presentadas nos Xulgados de Familia de Vigo remataran no Xulgado de Violencia sobre a muller.


• Que os Menores teñan que ser coidados polos traballadores mentres declara a maltratada.


• Que os traballadores teñan que facer xornadas de 9 e 10 horas en situación de estres.


• Que os traballadores do Xdo. estén de garda de luns a venres todo o ano.


• Asumir os quebrantamentos, coa nova reforma lexislativa, co mesmo cadro de persoal


• Xulgados con ventilación inadecuada, sen salas adecuadas para as vítimas, que non teñen intimidade, sen espazo para as testemuñas.




POR DIGNIDADE E POR DEREITO