Consulta expediente electrónico OPAX

2 de maio de 2016

Publicado na intranet xudicial.


A partir do vindeiro día 03.05.2016 estará dispoñible a última versión da Oficina Virtual do Persoal ao Servizo da Administración de Xustiza, coa inclusión da nova opción de consulta do expediente electrónico, funcionalidade coa que se terá acceso á consulta dos seguintes datos:

· Datos persoais

· Datos administrativos

· Titulacións/Nivel de galego

· Trienios

· Cursos

· Destinos desempeñados

Ao mesmo tempo, e co fin de poder completar os expedientes persoais, habilítase a opción de modificación/actualización de datos, onde poderán completar a información que se amose, apoiando a petición coa documentación acreditativa pertinente, para a súa posterior validación polo servizo de persoal correspondente.

Tanto as solicitude de modificación como as de actualización serán tramitadas de forma electrónica, requirindo da sinatura dixital do solicitante, empregando algún certificado dixital válido (tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou un certificado dixital admitido pola SEDE electrónica da Xunta de Galicia).

CALQUERA CONSULTA EN RELACIÓN AO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO RESOLVERASE EXCLUSIVAMENTE POR VÍA TELEMÁTICA.