Mesa Técnica de Xustiza: Persoal interino

14 de xuño de 2016

Nota informativa da reunión da Mesa Técnica de Xustiza, celebrada na Dirección Xeral de Xustiza o día 14 de xuño.


MODIFICACIÓN ORDE INTERINOS

Na Mesa Técnica convocada pola Dirección Xeral de Xustiza que tiña como orde do día “Provisión de postos por vacantes ou desocupación temporal da persoa titular” a Subdirectora Xeral puxo enriba da mesa a necesidade de modificar a Orde de interinos vixente.

O que máis lle urxe, segundo verbas textuais da Subdirectora, é modificar a orde para regular o chamamento de funcionarios interinos nas oficinas nas que existen Rpt´s (Fiscalías e IMELGA)

A Xunta entende que coa lexislación actual non é valida para o chamamento e cobertura dos postos que están regulados por Rpt´s e que se necesita regular esta situación especifica. Nos próximos días a Xunta remitirá un borrador de texto.


NEGOCIACIÓN NOVA ORDE INTERINOS

A espera do texto da Modificación da orde para os postos regulados por Rpt´s o máis importante, pois afecta a tod@s funcionarios interinos de Galicia, é a intención da Dirección Xeral de Xustiza de Galicia de negociar unha nova orde de interinos para os próximos anos.

A Subdirectora puxo enriba da Mesa varias propostas para esa negociación que entendemos poden ser “perigosas”:

-Crear bolsas sen limite de traballadores apuntados, tipo SERGAS( Isto provocaría que o funcionario interino que cese pasaría o final da bolsa e probablemente non traballaría en moito tempo.

-Cambio na valoración do Cursos de formación e informática.

-Modificación do artigo 21- Cesamentos e Renuncias da actual orde.

-Posibilidade de que un mesmo funcionario interino poda estar en varias bolsas de traballo e en varios corpos(Xestión Procesual, Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial.

Para Alternativas na Xustiza-CUT moitos destes cambios irían en contra da profesionalización actual da bolsa de funcionarios interinos de Galicia, onde se valora a experiencia, a formación especifica de Xustiza (Dereito, cursos específicos Xustiza) e aqueles traballadores que aproban oposicións.

Se a día de hoxe hai traballadores que tardan 2 anos en traballar, que dicir se as listas non teñen limite de traballadores..........