Nota informativa da reunión da Mesa Técnica de Xustiza, celebrada na Dirección Xeral de Xustiza o día 14 de xuño.
As constantes denuncias de Alternativas na Xustiza-CUT sobre:
- adscrición da praza do Xulgado do Social nº 4 de Ourense
- e a esixencia do cumprimento da normativa sobre substitucións verticais e horizontais
obrigaron á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia a convocar unha Mesa técnica sobre “Provisión de postos por vacantes ou desocupación temporal da persoa titular”
Na reunión a Subdirectora Xeral falou da intención da Xunta de Galicia de abrir unha negociación sobre Substitucións, Comisións de Servizo e Adscricións.
Substitucións
Dende Alternativas na Xustiza-CUT adiantamos a Subdirectora que:
- Non asinaremos ningún acordo que non recolla o cobro do 100% das retribucións (A igual traballo, igual retribución).
- Queremos que se suprima o límite de 15 días para estar de baixa e non perder a substitución.
- Solicitamos creación de prazas de Auxilio Xudicial nos Decanatos e suprimir as Atribucións recollidas na orde de substitucións por non ser efectivas.
- Regulación do termo “baixa de longa duración” para evitar que a Dirección Xeral cubra con substitución só cando o “considere oportuno”
Pola súa parte a Subdirección quere penalizar a todas aquelas persoas que acepten unha substitución e logo renuncien antes da cobertura da praza polo titular.
Comisións de Servizos
Tras anos solicitando a regulación das Comisións de Servizos por parte dos Sindicatos agora a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia abre a posibilidade de regular as Comisións de Servizo.
Adscricións
A Subdirección de Xustiza recoñece algún “erro” nas comunicacións dalgunhas solicitudes de Adscrición pero négase a revogar a adscrición do Social nº 4 de Ourense por considerar que nese caso os tramites se cumpriron.
A Subdirectora propuxo a regulacións das Comisións de Servizos como fórmula alternativa as Adscricións, pois as Comisións son temporais e as adscricións son definitivas.
Dende Alternativas na Xustiza-CUT reiteramos a falta de notificación de petición e da concesión da Adscrición, a falta de publicación da adscrición.
Etiquetas: Adscricións , Comisión de servizos , Substitucións