As negociacións na Xustiza fracasan de novo e Rueda di que xa chegara a un preacordo con catro sindicatos

18 de abril de 2018

"publicado en praza pública"

Protesta de traballadores de Xustiza en Marín
Protesta dos traballadores en Marín

Non só non houbo acordo, senón que o conflito recrúa. As conversas que, máis de tres semanas despois, retomaron Xunta e o comité de folga de Xustiza este mércores acabaron cunha nova ruptura das negociacións. E coa revelación que o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, fixo ao coñecer o novo fracaso: había un preacordo con catro dos sete sindicatos --SPJ-USO, CSIF, UGT e CCOO-- para pór fin ao paro este mércores, ero botáronse atrás, segundo o número dous do Executivo. 
Os representantes dos traballadores, pola contra, negan ese preacordo e "retan" a que a Administración o amose.