- A Dirección Xeral de Xustiza, única responsable dos empregados públicos da Xustiza de Galicia, cre os equipos de traballo necesarios para a realización destas funcións con:
- Funcionarios de reforzo que realicen de maneira especifica este traballo.
- Ou a creación dun sistema de prolongacións de xornada (330 € xestores, 270 € tramitadores e 240 € auxilios) voluntarias entre os traballadores que estean dispostos a facer o traballo do expurgo.
A non paralización ou ralentización do traballo do expurgo mentres non se negocia coa Dirección Xeral calquera destas medidas significa, de facto, o seguinte:
- Recoñecemento implícito de que na xornada laboral (7 horas) se pode facer o traballo diario e o expurgo á vez.
- Que as medidas de reforzo que existen actualmente en certos xulgados (xulgados do social, xulgados de preferentes, xulgados penais, etc) poderán ser suprimidas unha vez finalice o expurgo co patético argumento “sóbralle tempo aos traballadores xa que fan as dúas cousas (expurgo e traballo) na xornada ordinaria” .
- Que se roube tempo destinado ao servizo público, e por tanto á cidadanía, para facer un traballo que non redundará directamente sobre este e que terá como consecuencia aumentar, aínda máis, o atraso na tramitación dos expedientes xudiciais.
- Asumir que os Secretarios Coordinadores teñen capacidade de decidir sobre as nosas funcións, dereitos e obrigas.
Dende Alternativas-Xustiza, como delegados electos dos traballadores:
- Poñémonos á vosa disposición para realizar asembleas onde o consideredes necesario.
- Remitimos carta o Director Xeral exixindo a creación dun equipo de traballo con funcionarios de reforzo que realice este traballo, ou subsidiariamente, e sempre que existan voluntarios, a desenvolver un sistema de prolongación de xornada entre os funcionarios.
- De non aceptar algunha destas medidas convocaremos os traballadores para realizar medidas de presión contundentes.