Balance horario mes de abril

9 de maio de 2014

Publicado na intranet xudicial.

Intranet de Xustiza
Dende o día 7 deste mes está dispoñible dentro do apartado de control horario da OPAX o balance horario correspondente ao pasado mes de abril. De acordo coas instrucións sobre control horario ditadas por Resolución do 12 de febreiro, no caso de existir desconformidade co resultado, poderase reclamar ante o servizo de xustiza da xefatura ou delegación territorial correspondente durante un prazo máximo de cinco días hábiles (ata o día 13 incluído), polo que calquera reclamación feita con posterioridade a esa data será inadmitida por extemporánea, e incorporaranse definitivamente os incumprimentos non xustificados ás horas que se deben facer no presente mes.

As reclamacións tramitaranse de forma exclusiva mediante correo electrónico dirixido ao servizo de xustiza correspondente, indicando o motivo da reclamación e achegando a documentación xustificativa no caso de que proceda.


A Coruña:                            servizo.xustiza.coruna@xunta.es
Lugo:                                   persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Ourense:                              sxsal.xustiza.ourense@xunta.es
Pontevedra(Vigo):               servizoxustiza.vi@xunta.es