As sentenzas que recoñeceron o dereito a cobrar a paga extra roubada polo Goberno de Rajoy a través do Real Decreto Lei 20/2012 -aplicado en Galicia polo goberno de Alberto Núñez Feijoo- foron uns instantes do triunfo da xustiza sobre as decisións inxustas e contrarias a dereito dos nefastos políticos que nos ten tocado sufrir.
A pesar das declaracións populistas -coincidindo coa dimisión do peor Ministro de xustiza da historia recente- de varios membros do goberno de Galicia da intención de devolver parte da paga extra “roubada” a realidade é que a Xunta de Galicia recorreu en interese de lei varias das sentenzas xa firmes.
Xa que logo, Alberto Núñez Feijoo (1) deberá explicar a todos os galegos porque está a utilizar os recursos públicos para recorrer en interese de lei unha sentenza firme cando, ademais, nos Presupostos Xerais do Estado do 2015 (2) disponse a devolución a todos os funcionarios dos 44 días devengados da extra do 2012.
Pois ben, xa que O RECURSO EN INTERESE DE LEI PARALIZA as solicitudes de extensión de efectos e as propias extensións de efectos xa resoltas.
QUE DEBEMOS FACER AGORA?
A asesoría xurídica de AXG-CUT entende, polos motivos que exporemos deseguido, que debemos esperar un tempo prudencial antes de solicitar a extensión de efectos.
- Temos un ano dende a derradeira notificación para solicitar a extensión de efectos
- A día de hoxe, as sentenzas que existen en Galicia son distintas, Ferrol, Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense. Salvo a de Ourense ningunha recolle o 100% da paga extra.
- Un xestor que solicite a extensión de efectos en Vigo pode perder 300€ con respecto a un de Coruña, Pontevedra ou Ferrol, e ao redor de 600/700€ con respecto dun de Ourense.
- Toda extensión de efecto, solicitada ou resolta, feita ou que se faga, queda paralizada ata que se resolva o recurso en interese de lei presentado polo Xunta Galicia.
- Aínda queda por saír a sentenza de Santiago de Compostela á que poderemos acollernos para solicitar a extensión de efectos, se é mellor que a ditada polo xulgado correspondente ao noso domicilio, .
- A finais deste ano ou en xaneiro-febreiro do ano que ven se prevé que se resolva a recurso en interese de lei no Tribunal Supremo da sentenza de Sevilla, primeira sentenza que recoñeceu a devolución da paga extra.
(1) Os populistas do goberno galego queren vender nos medios de comunicación que van a pagar o 25% da paga roubada. Cando o único que fan é cumprir, igual que o goberno estatal, as sentenzas.
(2) Queremos facer constar que o goberno de Rajoy recolle o pago dos 44 días nos orzamentos do Estado polo gran número de sentenzas que lle obrigan a facer o aboamento.
Etiquetas: Retribucións , Sentenzas