Hai que telo ben presente: a crise económica é unha oportunidade para desfacerse do estado social europeo. A verdadeira estafa non radica en como se responde a unha conxuntura. Non é como saímos da crise o que está sobre a mesa. O que a vasta conspiración de fondos de investimento, grandes bancos e empresas desexan é acabar dunha vez por todas con ese raro invento produto da civilización europea e dúas guerras mundiais: o estado do benestar. Canto máis pequeno sexa, máis grandes serán os seus negocios. Que a xente sexa infeliz, viva mal, sufra, enferme ou morra, non é o seu problema. Ao contrario: máis diñeiro para a caixa. Pode que esa ofensiva nacese dunha aplicación consciente da doutrina do shock ou cabe que, simplemente, se aproveitase que o Pisuerga pasa por Valladolid.

Estamos ante unha transformación cósmica do mundo que coñecemos
A xente, dalgún modo, intúe isto. Se se producen cambios de sentido nas opinións, desconfianza nas institucións que vehiculan ese xiro, distancia anímica respecto dos medios de comunicación que repiten como papagaios as dúas ou tres supostas verdades esenciais que hai que adoptar como dogmas revelados, é porque a xente non é tan completamente idiota como o desexarían desde arriba.
En realidade, alguén podía esperar que ese 23% de parados ían contentarse cunhas políticas que os empurran a un inferno do que talvez non conseguirán saír xamais? Que o ían a facer os precarios aos que se lles cortou de raíz as súas expectativas de futuro?. Ou a xente á que se lle baixou o soldo de maneira inmisericorde -o exemplo: eses traballadores da limpeza aos que se lles pretende reducir o salario até un 40 %-. Ou que as clases medias que lle viron os dentes ao lobo -aprenderon que xa ninguén está a salvo- ían saltar de contento coas súas propias desgrazas?
Era razoable supor que un ataque frontal a todo unha forma de vida ía suscitar simple resignación?
A crise resultou unha oportunidade de ouro para que os bancos se desfagan dese 50% do negocio que controlaban as caixas e ademais, cousa que nin soñarían noutro tempo, co aplauso xeral. Ao tempo, os empresarios puideron despedir a baixo prezo e volver contratar -ás veces a mesma persoa- cun salario máis reducido. Os prezos da enerxía disparáronse nestes anos, contribuíndo á aparición dunha nova paisaxe de pobreza enerxética. Mentres, o público hase ir poñendo en almoeda. De fronte, como se tentou coa sanidade madrileña, o que xerou unha gran contestación social vehiculada a través da intelixente Marea Blanca, ou dun modo máis taimado, como na Galicia de Feijóo, a través dun progresivo despezamento que pasa máis desapercibido.
Os disparates da burbulla inmobiliaria mutaron nunha causa xeral contra o Estado de Benestar
O deserto é tan enorme e creceu tan rápido que pouca xente chegou a imaxinar o seu rápido avance. Foi unha blitzkrieg, unha guerra social lóstrego que colleu por sorpresa a sociedade. A reacción, ao principio, foi de incredulidade, dado que era inimaxinable o que viña enriba. Dicíase, por exemplo "Nós non somos Grecia". Pero non tardamos en poder cerciorarnos de que si eramos gregos. E de que modo! Ao desconcerto sumóuselle o medo. Moita xente recalca que a contestación social foi máis ben escasa en plena batalla, o que cabe atribuír á suma dos dous factores: o desconcerto e o medo
A ofensiva foi tan enorme que a democracia é apenas tolerada como un molesto inconveniente polos amos do mundo
Publicado o 23/11/2014 en www.praza.com
Ligazón permanente
Etiquetas: Opinión