Bolsas de interinos. Publicación da nova listaxe, trala corrección de erros

19 de xaneiro de 2015


Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro de 2015, publícase a corrección de erros da Resolución do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, convocada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2014.


Ligazón


Texto

No DOG número 6, do 12 de xaneiro de 2015, publicouse a Resolución do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2014.

Advertidos erros materiais na listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial, publicada pola citada resolución, e de conformidade co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase proceder á súa corrección e á publicación de novo da citada listaxe definitiva nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na intranet de Xustiza.



Ligazón á páxina web da Dirección Xeral de Xustiza