O conselleiro Alfonso Rueda, tras anos como responsable máximo da administración de Xustiza en Galicia, aínda non se decatou de que as medidas de reforzo nos xulgados de Galicia son competencia da Xunta de Galicia.
O que aínda é máis grave, se temos en conta que foi o propio Conselleiro o que deu o visto e prace aos reforzos nos xulgados do Penal de varias cidades de Galicia e nos xulgados do Social de Coruña e Vigo.
E o que resulta absolutamente incualificable, cando menos sen incorrer en responsabilidade penal, é a súa afirmación sobre as competencias da Xunta en materia de Xustiza
“Rueda ha recordado que las comunidades no pueden convocar plazas de funcionario, competencia que la Xunta reclama al Ministerio de Justicia”.
A única “competencia” que resulta dubidosa despois de tal afirmación é a do vicepresidente da Xunta para o desempeño do seu cargo.
Rueda ou non ten nin idea dunha das súas competencias, a administración de Xustiza, ou pensa que somos parvos ou ben quere facernos parvos:
Claro que as Comunidades Autónomas non convocan as prazas. Pero son as Comunidades Autónomas as que propoñen ao o Ministerio as prazas que queren convocar ou crear.
Sr. Rueda: “Os funcionarios de Xustiza non somos parvos”
Etiquetas: Oposicións , Reforzos , Xulgados