Novo módulo de petición de permisos, licenzas e vacacións

6 de marzo de 2015


No día de hoxe entra en funcionamento un novo módulo para a solicitude, xestión e anulación dos permisos, licenzas e vacacións. Con este cambio, a petición de todos eles farase a través do apartado persoal da oficina virtual, e nos máis dos casos a tramitación pasa a ser completamente electrónica, como xa viña sucedendo coas vacacións e asuntos particulares. Esta tramitación electrónica esténdese igualmente á anulación de solicitudes xa concedidas e á achega da documentación xustificativa necesaria para cada caso.

Na axuda dispoñible poderá ser consultado o manual do usuario, para resolver calquera dúbida sobre a tramitación. Á súa vez, para cada un dos casos habilitouse unha ficha na que figura a información xeral básica, a forma de xustificación, a normativa reguladora e o órgano competente para súa resolución.

Debido á posta en marcha desta nova versión do programa, no día de hoxe pode haber problemas para o acceso á OPAX a través da ligazón habitual, problema que se atalla premendo na seguinte ligazón: OPAX.