Minerva | Manual de Xestión de equipos e usuarios

23 de novembro de 2022


"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; Manual de Xestión de equipos e usuarios en Minerva no apartado de documentación da páxina deste sistema. 

 A funcionalidade "Xestión de Equipos" de Minerva, permite ás persoas habilitadas para este efecto, a creación e administración de Equipos para facilitar a xestión e distribución das tarefas do órgano do que sexan responsables. 

Desde a opción “Entorno” - “Gestión de Equipos/Usuarios” podes crear un Equipo, asignarlle os usuarios que o conforman e as funcionalidades que teñen atribuídas. Por exemplo, poderás crear un equipo que se chame “EQUIPO EXECUCIÓNS” e asignarlle o/s usuario/s que levan os devanditos procedementos. 

O equipo pode estar constituído por unha ou varias persoas. Deste xeito, os procedementos executivos serán asignados automaticamente ao “EQUIPO EXECUCIÓNS”. A asignación dos procedementos por equipos ou usuarios permitirá realizar buscas por "Tareas pendientes", máis concretas, que facilitarán o seguimento das ditas tarefas por parte das persoas usuarias.