Artigo 7 declaración dereitos humanos
O Decreto que regula as incapacidades temporais, supuxo a creación dentro dos xulgados de "clases sanitarias" en función dos descontos que se aplican polas baixas laborais: maxistrados e fiscais, por un lado e médicos forenses, secretarios, xestores, tramitadores e auxilios, por outro.
Para Alternativas-CUT a discriminación que supón que dentro dunha mesma oficina xudicial se regule de distinta forma una mesa situación (os descontos por baixa laboral) e as diferenzas entre os funciones en función da Comunidade Autonóma na que estean destinados -con distintas regulacións- resulta intolerable, polo que promoveremos e manteremos as mobilizacións que sexan necesarias até que se derroue o Decreto, de xeito que non se produza ningún desconto nos casos de incapacidade laboral ou ausencia por enfermidade.
Alternativas-CUT interpuxo no seu momento un recurso contencioso administrativo contra o Decreto que regula as situación das incapacidades temporais. A sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou a nosa reclamación co argumento de que xuíces e fiscais son "o poder xudicial" e teñen que ter unas condicións "propias".
Xa que logo, a única vía para recuperar os nosos dereitos será a da negociación e a da mobilización.
Así mesmo, promoveremos o recoñecemento das enfermidades do traballo e a súa equiparación coas enfermidades profesionais.
Dentro da colección de documentos de Alternativas-Xustiza, publicamos unha guía para solventar ás dúbidas que podamos ter sobre o Decreto que regula os descontos por incapacidade
temporal.
Redactada por Lola Filgueira, dá resposta a numerosas preguntas sobre a aplicación da nosa normativa e compleméntase con distintos exemplos sobre os descontos que corresponderían por distintas situacións de incapacidade.
Podes descargala dende esta ligazón.
Máis información...