Róubannos o CAT a cara descuberta e inda por riba descontan mal o IRPF
Na nómina do mes de xuño, a maiores do roubo do CAT (Complemento Autonómico Transitorio), recóllese unha nova tomadura de pelo por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijoo.A tomadura de pelo consiste en incluír no cálculo do IRPF o CAT que non cobramos co argumento, segundo a información das habilitacións, de que o programa informático é o que é e non pode cambiarse ningún concepto, neste caso o CAT, e polo tanto teñen que calcular o IRPF con todos os conceptos aínda que non se cobren.
A TOMADURAS DE PELO FLAGRANTES, SOLUCIÓNS PATÉTICAS
Segundo as propias habilitacións a solución a esta tomadura de pelo consiste en que durante as seguintes nóminas se nos regularizara o IRPF para devolvernos o diñeiro que nos acaban de “sisar”
Dende Alternativas na Xustiza-CUT temos dubidas de que as nóminas do mes de xuño non escondan unha falsidade documental. Trasladaremos a nosa asesoría xurídica a posibilidade de presentar unha denuncia contra a Xunta de Galicia.
É evidente que esta tomadura de pelo non é nada comparada cos descontos por estar de baixa, eliminación da paga 2012, supresión de días vacacións e asuntos particulares, supresión da acción social, supresión do CAT nos meses de xuño e decembro (de 2015 a 2017 Galicia será a única CCAA de todo o Estado na que se aplique este desconto). Pero é unha gota máis que non pode quedar sen resposta. A resignación nunca é unha opción.
Etiquetas: Retribucións