Os IMELGA e os/as forenses na reforma da Lei orgánica do Poder Xudicial

22 de xullo de 2015


A Lei Orgánica 7/2015, do 21 de xullo, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/1985, da 1 de xullo, do Poder Xudicial, introducen determinadas modificacións en relación co corpo de Médicos Forenses e na organización e funcionamento dos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses.

En relación ás modificacións que se operan no libro VI cabe destacar a incorporación da esixencia da especialidade en Medicina Forense para o ingreso no Corpo de Médicos Forenses, que se fará efectiva cando determine o Ministerio de Xustiza unha vez que conclúan a súa formación as primeiras promocións que obtivesen praza polo sistema de residencia a través da correspondente convocatoria anual de probas selectivas para o acceso a prazas de formación sanitaria especializada. En paralelo, actualízanse as funcións destes profesionais e adáptase o réxime dos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses, como órganos técnicos adscritos ao Ministerio de Xustiza ou ás Comunidades Autónomas con competencia na materia, e que teñen a misión de auxiliar a Administración de Xustiza no ámbito da súa disciplina científica e técnica.

Tamén como novidade se establece que os Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses contarán con unidades de valoración forense integral, dos que poderán formar parte os psicólogos e traballadores sociais que se determinen para garantir, entre outras funcións, a asistencia especializada ás vítimas de violencia de xénero e doméstica, menores, familia e persoas con minusvalidez. Así mesmo, dentro destes Institutos poderán integrarse o resto de profesionais que integran os denominados equipos psicosociais, isto é psicólogos, traballadores sociais e educadores sociais, que prestan servizos á Administración de Xustiza, incluíndo os equipos técnicos de menores; con todo iso, refórzase e garante a súa actuación.


A reforma entrará en vigor o día 1 de outubro de 2015