Sentenzas. Xulgados de paz. Complemento transitorio do posto

5 de xullo de 2015


O xulgado do contencioso administrativo número 2 de Pontevedra ven de ditar unha sentenza pola que se estima o recurso interposto pola letrada da asesoria xurídica de Alternativas na Xustiza-CUT, en representación dun funcionario do corpo de Xestión procesual que desempeña a secretaría dun xulgado de paz, e se lle recoñece ao recorrente o dereito

"al percibo, como complemento transitorio de puesto de trabajo, de la cuantía correspondiente a 5,5 puntos desde el 15 de noviembre de 2011, así como a que proceda a regularizar definitivamente sus retribuciones incorporando en el citado complemento los 5,5 puntos que le corresponden con los intereses legales correspondientes"

A sentenza, que é firme, impón 400 euros de custas á Dirección Xeral de Xustiza.

A pesar de que hai moitas sentenzas que se pronuncian no mesmo sentido, a Administración segue sen admitir en vía administrativa as reclamacións e non deixa outra saída que promover o recurso ante os xulgados do contencioso administrativo coa consecuencia da estimación das demandas e a condena á Dirección Xeral de Xustiza ao aboamento das custas procesuais (400 euros) e os xuros legais correspondentes, o que supón. ademais de actuar con mala fe e termeridade, unha auténtica dilapidación dos fondos públicos.