A Xunta de Galicia segue desprezando as mulleres maltradas, a futuras vítimas de Violencia, os nenos desas vítimas e os traballadores do Xulgado de Violencia sobre a Muller que levan 3 días de Folga para lograr que a Xunta de Galicia.
A última cacicada, que non a derradeira, da Xunta de Galicia é negarse a negociar co Comité de folga, formado polos traballadores de Violencia sobre a Muller e Alternativas na Xustiza-CUT (AXG-CUT)", pero sí convoca de “motu propio” aos Sindicatos (CCOO,SPJ-USO,UXT,CSIF,CIG) coa escusa de ser integrantes da mesa sectorial, obviando aos outros sindicatos.
O Comité de Folga queremos deixar moi claro o seguinte:
- A Xunta de Galicia está utilizando sibilinamente aos Sindicatos que están presentes na mesa Sectorial, para tentar boicotear a Folga dos Traballadores de Vigo
- Estes sindicatos non pasaron nin unha soa vez, polo Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo para interesarse por as nosas reivindicacións.
- Que un día despois, 18 de decembro de 2015, da reunión que mantivo a Dirección Xeral cos sindicatos os traballadores seguimos sen ter información da mesma.
- Que as traballadoras, titulares e interinas, do Xulgado de Violencia sobre a Muller que estamos en Folga, e sufrimos os descontos salariais por elo, denunciamos a utilización por parte dos Sindicatos que non están no Comité de Folga da nosa mobilización.
- Denunciaremos a Xunta de Galicia por vulneración do Dereito de Folga e a capacidade de negociación do Comité de Folga.
- Non aceptaremos ningún acordo que non sexa negociado co Comité de Folga. Non pararemos a Mobilización con o sen acordo dos Sindicatos que negocian “por detrás”
O Comité de Folga agradece toda a axuda dos Sindicatos para lograr o que entendemos una reivindicación XUSTA. Pero no aceptamos que se nos utilice.
Etiquetas: Vigo , Violencia de xénero , Xulgados