Comunicado de Alternativas na Xustiza - CUT sobre o novo edificio xudicial

16 de febreiro de 2016


O pasado venres Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza anunciou a alternativa “novidosa” de rehabilitar o edificio do Hospital Xeral de Vigo como futura sede dos Xulgados de Vigo.

Dende Alternativas na Xustiza-CUT(AXG-CUT) non queremos, nin podemos entrar a valorar a proposta en si, xa que o Conselleiro nunca falará de tal opción, a pesar que hai moito tempo que sabía que o Hospital Xeral se trasladaba ao Álvaro Cunqueiro, e na reunión do venres deu catro pinceladas.
Cos datos que temos só podemos poñer as seguintes interrogantes enriba da Mesa do Conselleiro:

- Ten sentido falar dun novo proxecto “a lixeira” (non hai estudio de mobilidade, de funcionalidade, orzamentario, etc..) cando despois de 7 anos de loita entre Concello e Xunta de Galicia existe un proxecto aprobado e os terreos expropiados.?


- Ten sentido cambiar 2 edificios con 25 e 15 anos de antigüidade por outro de 54 anos?


- Qué cambiou dende xuño do 2015 no que a Conselleira Mosquera afirmou nunha entrevista ao Faro de Vigo que os informes dos técnicos da Xunta aconsellaban derrubar o edificio debido ao mal estado da estrutura.?


- Logo de 7 anos de Loita entre Concello e Xunta de Galicia ten sentido abrir unha nova fronte negociadora, A Tesoreria da Seguridade Social, propietaria do “Piruli”, e ademais se temos en conta que o Goberno está en funcións e que a Tesoreria non ten costume de ceder os edificios a outras administracións.?

- A que fins se destinarían os 2 edificios Xudiciais actuais, e cos terreos exprópiaos polos que o Concello de Vigo pagou máis de 2.3 millóns de €.?

- Emprégase de maneira populista a revitalización da zona dos arredores do Hospital Xeral. Pero isto sería como “vestir un santo para desvestir outro” xa que o problema se trasladaría para a zona de Travesas. De feito, nos negocios dos arredores saltaron as alarmas e xa esta na rúa o posible desastre cara os negocios (parking, cafeterias, centro comercial, etc..).

- Ten sentido plantexar unha obra que segundo as palabras do propio Conselleiro NUNCA CUSTARÁ MENOS que o proxecto actual da rúa Lalín, NA REUNIÓN NON DEU UN SÓ DATO DO POSIBLE CUSTE?

- O tempo de execución da proposta do Conselleiro, segundo palabras de Alfonso Rueda, no “Piruli” nunca baixaría dos 28-30 meses. Ten sentido plantexar un proxecto que non reduce, máis ben aumenta, o tempo de execución

En definitiva, dende AXG-CUT consideramos que cando xa están os terreos expropiados polo Concello, cando segundo o propio Conselleiro dixo na reunión do venres “que a finais de marzo pode estar definitivamente aprobada xa a modificación do Art. 144” o que permitiría a licitación do proxecto do Edificio dos Xulgados NON ENTENDEMOS, MÁIS QUE POR INTERESES POLITICOS, PRESENTAR ESTE PROXECTO NESTES MOMENTOS.