Calendario laboral en Galicia no 2017

4 de maio de 2016

Publicado en www.lavozdegalicia.es


O Consello da Xunta aprobou esta mañá, aínda con carácter provisional, o calendario laboral galego para o 2017. En comparación co do 2016, incorpora unha gran novidade: San Xoán (24 de xuño) deixará de ser festivo no global da comunidade. Este ano éo en substitución do 1 de maio, que caeu en domingo, algo que non volverá suceder no próximo.

Por indicación da Administración central, no 2017 terán a consideración de xornadas non laborables o 6 de xaneiro (Reyes), o 13 e o 14 de abril (Xoves e Venres Santo), o 1 de maio (Día do Traballo), o 25 de xullo (Día Nacional de Galicia), o 15 de agosto (a Asunción), o 12 de outubro (Festa Nacional de España), o 1 de novembro (Todos os Santos) e, en decembro, o 6 (aniversario do referendo de ratificación da Constitución), o 8 (Inmaculada Concepción) e o 25 (Nadal). Por norma xeral, tampouco se traballará o 17 de maio (Día das Letras Galegas), data elixida hoxe polo Executivo autónomo para substituír a festividade de Ano Novo, por coincidir esta con un domingo.


Continuar lendo en La Voz de Galicia...