Oposicions. Letrados/as da Administración de Xustiza, distribución do temario do 1º exercicio de turno libre

4 de outubro de 2016

Na páxina web do Ministerio de Xustiza, veñen de publicar o acordo de 30 de setembro de 2016 polo que se publica a distribución do temario do 1º exercicio do turno libre.

Ligazón


Vergoñento trato discriminatorio do Ministerio de Xustiza cos Xestores Procesuais

Un paso máis do Ministerio de Xustiza, ao fomentar o corporativismo e o clasismo rancio, na discriminación dos Xestores procesuais da Administración de Xustiza de Galicia.

Á obriga de solicitar a excedencia e perder o destino para poder facer unha substitución vertical do corpo de Letrados da Administración de Xustiza e a redución por parte do Ministerio coa L.O. 7/2015, do 21 de xullo, do 50% ao 30% das prazas destinadas aos opositores de PROMOCIÓN INTERNA, hai que engadirlle agora o seguinte:

Que este Ministerio da Inxustiza, publica unha distribución do temario entre as 100 preguntas do primeiro exercicio de quenda libre, é dicir, dalle pistas aos opositores da quenda libre de cantas preguntas caen de cada materia no exame. Todo isto pontenciado por asociacións corporativas que non teñen representación recoñecida por lei pero ás que o Ministerio dá pábulo

Con estas actitudes o Ministerio deixa moi claro que a súa intención é acabar con calquera posibilidade de CARREIRA PROFESIONAL dos empregados da Admistración de Xustiza e potenciar aos que algúns chaman "pata negra".