[Imaxe: Cadena Ser] Pilar Fernández |
A fiscala especialista en violencia de xénero Pilar Fernández denuncia a precariedade e a falta de medios “patética” que se padece na fiscalía de Santiago, cidade en que non existe oficina de atención ás vítimas e en que as mulleres teñen que esperar na biblioteca da fiscalía a seren atendidas.
Pilar Fernández é fiscala especialista en violencia contra a muller. Nunha entrevista concedida a Radio Galicia-Cadena Ser denuncia a precaridade de medios coa que traballan en Santiago, onde carecen de oficina de atención ás vítimas. As mulleres que denuncian, revelou, teñen que esperar a seren atendidas na biblioteca da fiscalía e non poden evitar verse cos agresores.
Segundo a fiscala, a calidade do traballo “empeorou”. “Legalmente prevíronse novas medidas, como a oficina de asistencia ás vítimas, mais non a temos, o máximo que ofrecemos en Santiago é a nosa biblioteca, porque non temos unha sala para que estean esperando cando veñen como testemuñas para evitar o confronto visual co agresor”.
Pilar Fernández cualifica a situación de “patética” e advirte de que isto motiva que moitas mulleres non presenten denuncia. “A min paréceme que o investimento é mínimo e o que lle podemos ofrecer aos cidadáns é a calidade no servizo, e a imaxe que damos é bastante patética”, asegura.
A fiscala responsabiliza a Xunta da precaria situación, “é a comunidade autónoma a que ten que se encargar de ofrecer estes servizos”.
Publicado o 30/10/2016 en Sermos Galiza
Ligazón permanente
Máis información:
Audio da entrevista
Pilar Fernández: “Cada vez hay más denuncias de acoso entre los jóvenes” [Cadena Ser]
Pilar Fernández, fiscal especialista en violencia contra la mujer de Santiago, denuncia la precariedad de medios [CONFILEGAL]
Etiquetas: Fiscais , Santiago , Violencia de xénero , Xulgados