AXG-CUT denuncia o abandono dos xulgados de Verin

2 de novembro de 2016

Tralas denuncias dos traballadores dos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución de Verin sobre a falta absoluta de limpeza dos xulgados da vila, onde se poden atopar teas de arañas, chans e xanelas completamente sucios, etc, desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT solicitamos que de maneira INMEDIATA solucionen este problema, a fin de que os traballadores poidan realizar o seu traballo en condicións de salubridade.

Unha mostra que reflicte o problema son as seguintes imaxes:

Xulgados de Verín

Xulgados de Verín

Xulgados de Verín