Concurso de traslados- Altas de usuarios no novo destino

11 de novembro de 2016

Publicado na intranet xudicial.

Lémbrase que para que o persoal funcionario que se incorpora a un novo destino por causa do concurso de traslados poda ser dado de alta nas distintas aplicacións é necesario que o/a responsable funcional do órgano (letrado/a da Administración de xustiza, fiscal xefe ou coordinador/a da oficina fiscal e subdirector/a do IMELGA) tramite a conseguinte autorización ante o CAU. Para elo deberá utilizarse o formulario que se atopa na intranet: Espazo TIC /Xestión da conta do usuario (http://intranet.xustiza.gal/documents/368917/df80af8c-95be-4bc1-8d26-fbc6e30d65be).

Tanto os usuarios que se incorporan procedentes doutros destinos, coma os que se trasladan dentro da propia comunidade autónoma de Galicia terán acceso dende o primeiro momento ao seu PC e á intranet. En todos os casos, o/a responsable funcional deberá tramitar o formulario antes mencionado para autorizar o acceso ás distintas aplicacións que considere oportuno.