Galicia contará con cinco novas unidades xudiciais que se porán en marcha no 2017

15 de novembro de 2016

Xunta e TSXG acordan a distribución dos novos órganos baseándose na carga de traballo.

Acordouse a creación dun novo xulgado do Social na Coruña, outro Xulgado de Primeira Instancia en Ourense, unha praza de maxistrado na sección Penal da Audiencia Provincial da Coruña, e un Xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia en Vigo.

Ademais dunha nova praza na Sala do Civil e do Penal do TSXG, que xa ven determinada dende o Ministerio de Xustiza.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, presidiron hoxe unha nova reunión da Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde acordaron de maneira consensuada, a situación das novas unidades xudiciais que se porán en marcha na nosa comunidade o ano que vén

Alfonso Rueda explicou que unha vez trasladada a dispoñibilidade do goberno central á creación de cinco novas unidades xudiciais en Galicia, tanto Xunta como TSXG, en consenso cos representantes xudiciais, e baseando a decisión en criterios obxectivos acordaron hoxe a creación dun novo xulgado do Social na Coruña, outro no Xulgado de Primeira Instancia en Ourense, unha praza de maxistrado na sección Penal da Audiencia Provincial da Coruña, e un Xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia en Vigo. Ademais dunha nova praza na Sala do Civil e do Penal do TSXG, que xa ven determinada dende o Ministerio de Xustiza.

Segundo destacou o máximo titular de Xustiza do goberno galego, a posta en marcha destas novas dependencias xudiciais supón un importante esforzo orzamentario, xa que cada novo xulgado supón case 250.000 euros cada ano para as arcas autonómicas. Alfonso Rueda valorou positivamente este tipo de comisións entre Xunta e representantes xudiciais, que permiten reforzar a cooperación entre ambos e ofrecer unha xustiza mellor dotada e máis eficaz, o que redunda nun mellor servizo aos cidadáns.

Na reunión tamén se abordaron outros asuntos, como os relativos ao Plan Senda de modernización, e os importantes avances que se teñen producido cara o expediente xudicial electrónico, cara a lograr o obxectivo de papel cero. Ademais, da posta en marcha da sede xudicial electrónica, cuestións de persoal e reforzos

No marco da reunión fixeron balance da situación do Plan de Infraestruturas Xudiciais, onde destacouse que xa están en funcionamento as novas infraestruturas de Ourense e Santiago, e a maiores, en Vigo xa hai un gañador do concurso de ideas que está a elaborar o proxecto, co obxectivo de comezar a obra o vindeiro ano. Na cidade da Coruña está a piques de rematarse a obra e a Fábrica de Tabacos coma nova sede xudicial será unha realidade proximamente.


[Fonte: Xunta de Galicia]





Galicia tendrá tres nuevos juzgados y dos plazas más de magistrado


Ésta es la propuesta que se elevará al Ministerio de Justicia, después de que, según explicó Rueda, desde el mismo se diese a Galicia "la oportunidad" de crear nuevos órganos judiciales.


Ler máis en La Opinión