Esiximos con datos obxectivos que o reforzo do SCA asuma a práctica das videoconferencias, do contrario iniciaremos cos traballadores medidas de presión

27 de decembro de 2016

"escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza". 

Como continuación de tódolos escritos remitidos nestes meses sobre as “Quendas de atribucións” e as “Videoconferencias” na cidade da Coruña e ante ausencia de movementos desa Dirección Xeral para solucionar os problemas actuais remitimos un novo escrito con exemplos prácticos do ano 2016.



Os traballadores do corpo de Auxilio Xudicial da Coruña e Alternativas na Xustiza-CUT, cos datos que acabamos de detallar, consideramos inasumible continuar coa xestión actual das videoconferencias por exhorto polos seguintes motivos:

· Os Xulgados de 1ª Instancia, mercantís e contenciosos queden boa parte da xornada laboral sen funcionario do corpo de auxilio xudicial, iso sen falar do traballo que se atrasa no seu propio xulgado. Recordarlle que estes xulgados só teñen un auxilio xudicial para levar, entre outras cousas, arquivo xudicial, correo, certificacións, desgloses, atención ó publico, sala, etc

· Ademais nos Xulgados do Mercantil e Contenciosos contan co inconvinte de que teñen que desprazarse catro quilómetros dende a sede destes Xulgados ata o edificio onde se atopa a sala de videoconferencias. Prodúcese perda de tempo nos desprazamentos, mais o que lle temos que sumar para a práctica da videoconferencia e posibles atrasos, (dúas horas e media aproximadamente).

· Tamén se dá a circunstancia habitual de que dous ou máis funcionarios coinciden nun mesmo espazo e tempo para a practica da videoconferencia. Aquí pódese xestionar de dúas formas (a excepción dos Xulgados contenciosos e mercantís que por razóns máis que evidentes non poden regresar ao seu posto de traballo):
 
        1.- Tódolos funcionarios do corpo de auxilio xudicial que coincidan (2, 3 ou máis), esperan noticias á porta da sala onde se realizan as videoconferencias, coa consecuente perda de tempo.
 
        2.- Cada funcionario do corpo de auxilio xudicial regresa ao seu posto de traballo, á espera de recibir unha chamada de teléfono, onde se lle diga que a sala se atopa xa á súa disposición. Pois ben, isto parece unha utopía, entelequia ou ficción, porque calquera persoa que teña uns mínimos coñecementos de como funciona a Administración de Xustiza sabe que cada funcionario encargado de realizar as videoconferencias por exhorto, ten que xestionar os problemas derivados polo atraso coa persoa que está pendente de declarar e tamén co Xulgado exhortante, pois este ten que decidir se espera ou suspende o seu xuízo. Por tanto, o funcionario non pode facilitar información ao cidadán e tampouco ao Xulgado exhortante, basicamente por unha razón, carece dela. Tampouco podemos pasar por alto, e isto é unha realidade máis que obvia, que ao funcionario de auxilio xudicial, repercútelle negativamente, impedíndolle realizar o seu labor diario con normalidade, pois como xa dixemos ten que atender constantemente as chamadas telefónicas do Xulgado exhortante e a impaciencia do cidadán, que ve pasar as horas e non obtén resposta.

Dende ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT, ESIXIMOS QUE O REFORZO NOMEADO PARA O SERVIZO COMÚN DE APOIO DO DECANATO DA CORUÑA, ASUMA TODAS AS VIDEOCONFERENCIAS SOLICITADAS POR EXHORTO, POR VARIAS RAZÓNS:

·É un labor propio do servizo común de apoio do Decanato.
·É a mellor maneira de racionalizar e optimizar o tempo, e dar unha resposta axeitadada ao cidadán.
·Para o caso de atrasos, entendemos que é mellor que repercuta nunha soa persoa en lugar de dous, tres ou máis.
·No ano 2013 a DXX presentou un cadro de amortizacións, coa promesa de crear dúas prazas de auxilio xudicial no servizo común de apoio do Decanato, que non levou a cabo. Parece ser que este é o motivo polo cal os funcionarios de Auxilio Xudicial da Coruña, teñen que pagar as consecuencias por unha mala xestión e organización da Dirección Xeral de Xustiza, que se mantén ao marxe desta situación, sen pór unha solución ao problema, que se leva arrastrando dende hai moitos anos.
·Resulta ilóxico que unha persoa teña que desprazarse catro quilómetros para realizar unha videoconferencia, coa consecuente perda de tempo. Iso si, publicitamos o expediente dixital, “papel cero”.
·É mellor que os Xulgados dispoñan do seu funcionario de Auxilio Xudicial, para que poidan realizar o seu labor diario con total normalidade, que destacamos, non é un privilexio, senón un dereito fundamental de calquer traballador, poder realizar o seu traballo sen trabas e impedimentos.
·A persoa de reforzo ademais de asumir a práctica das videoconferencias, pode realizar o correo urxente das quendas e calquera outra función propia do SCA.

Hai un mes aproximadamente presentamos un escrito con anexo de sinaturas dos traballadores afectados, polo que, se non obtemos en breve a resposta axeitada ás necesidades indicadas, non dubidaremos en iniciar mobilizacións e/ou medidas de presión co apoio dos traballadores.

A Coruña, 21 de decembro de 2016.

 Responsable de Acción Sindical de Alternativas na Xustiza-Cut 
Javier Fernández Castro