Alternativas na Xustiza-Cut denuncia presuntas irregularidades nos nomeamentos de interinos en Ourense.

18 de xaneiro de 2017

"escrito remitido á Subdirectora da Dirección Xeral de Xustiza (María Dolores Saez Madrid)"

Desde Alternativas Na Xustiza-CUT, DENUNCIAMOS as presuntas irregularidades que se están cometendo co ofrecemento de prazas a interinos en Ourense, sendo o último exemplo o seguinte:

O 19 de decembro, con resultado da adxudicación de substitucións, xéranse entre outras, 2 prazas de tramitación procesual en dous xulgados distintos, cuxa provisión se debe efectuar con interinos.

Con data 19 de decembro solicitouse interino do corpo de tramitación procesual e administrativa para o Barco de Valdeorras a fin de cubrir a devandita praza.

Pola súa banda, nun dos xulgados recibíuse unha chamada telefónica da delegación de Ourense para “lembrar” ao xulgado a necesidade de solicitar praza de interino de tramitación procesual ao adxudicarse unha substitución vertical, circunstancia que NUNCA SE FAI, en palabras da propia subdirectora.

A reclamación do interino para o Penal 1 de Ourense efectuouse o 20 de decembro. 

Para a nosa sorpresa comprobamos que ao día seguinte da súa petición, o 21 de decembro, a praza solicitada para o Penal 1 de Ourense é ofertada a interinos, mentres que a praza do Barco de Valdeorras, solicitada anteriormente aínda non se ofertou a día de hoxe. Así pois, atopámonos co seguinte paradoxo:

- O xulgado que pediu máis tarde conta cun interino traballando desde o 27 de decembro
- Mentres tanto, o Xulgado do Barco, (curiosamente a a 114 km de Ourense), onde a petición de interino realizouse antes, a día de hoxe continua, non xa só sen interino, se non que tan sequera saíu esa praza convocada.

Todo iso demostra que, ou é un intento de beneficio a un traballador en concreto ou é una demostración palpable da incapacidade da Administración que vostede xestiona, esto súmase á pésima xestión que desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT vimos denunciando desde hai tempo. 

Co fin de terminar con esta opacidade e lograr a transparencia imprescindible para que todos os traballadores sexan tratados en igualdade de condicións, e os propios sindicatos podamos cumprir coa nosa función de representación dos traballadores e control da xestión da Admón, ESIXIMOS unha convocatoria de MESA EXTRAORDINARIA DE INTERINOS en Ourense coa imprescindible presenza da Subdirectora, a fin de rematar con este tipo de praxe.

En Ourense a 5 de Xaneiro de 2017

Asdo. 
Nuria Fornos Fernández 
Resp. De Organización de AXG-CUT

interinos Ourense