Alternativas na Xustiza - CUT destaca que a reforma proposta por Xustiza só garante unha oficina para toda Galicia.
A central Alternativas na Xustiza-CUT advirte de que o novo texto presentado polo Ministerio de Xustiza para a reforma do Rexistro Civil contén unha "privatización encuberta". Considera que se "desmantela practicamente na súa totalidade" este servizo público ao desposuílo das súas competencias "outorgándoo a mans privadas" e alerta de que só se garante unha oficina para toda a comunidade, no canto das 317 existentes.
Ligazón para ler a noticia completa (FARO DE VIGO)
Ligazón para ler a noticia completa (LA OPINION A CORUÑA)
Etiquetas: A Coruña , Prensa , Rexistro Civil , Vigo , Xulgados