Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

3 de febreiro de 2020

"Publicado no DOG"

De acordo co previsto na Orde do 29 de abril de 2014, pola que se habilita e autoriza a Rede de centros para a modernización tecnolóxica de Galicia (rede CeMIT) para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, e dentro das actuacións e obxectivos do Plan de inclusión dixital de Galicia, anúnciase a convocatoria dun curso de preparación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases: 


Obxecto:  Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Organización do curso 
 1. Número de prazas: 180. 
 2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas). 
 3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT. 
 4. Datas de realización: do 2 de marzo ao 24 de maio de 2020. 

Solicitudes de participación 
1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal). 
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. 
3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.