Lembrámosvos que todas as solicitudes deberán ser confeccionadas de forma telemática a través do asistente de inscrición (Ainoa). Unha vez confeccionada deberán presenta-lo modelo de instancia no impreso definitivo xerado polo asistente informático, e non o borrador, xa que este non tería validez.
Para finalizar a solicitude, deberemos cubrir o "Municipio de firma de la instancia". A continuación no campo de "Dir General Gerencia Territorial" seleccionaremos a opción "OTRA". Os campos "Gerencia" e "Dirección" deberémolos cubrir co lugar ao que se dirixe a solicutde tal como se reolle na base cuarta do concurso: "Esta solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, e presentarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela."
Ligazón Ainoa
Prazos de presentación de solicitudes
- Inicio: 10 de xullo
- Fin: 21 de xullo
Etiquetas: Concurso de traslados