AXG-CUT denuncia o mal estado do IMELGA de Pontevedra

21 de setembro de 2017

"escrito dirixido a Xefa Territorial de Pontevedra"

Desde Alternativas na Xustiza- Cut, denunciamos o mal estado das instalacións do Instituto de Medicina Legal de Pontevedra (IMELGA), situado no Edificio dos “Xulgados da Parda” cuxa función é a investigación medicolegal en todos os casos de morte violenta ou sospeitosa de criminalidade, así como a intervención no control periódico da evolución dos lesionados e a valoración dos danos corporais que sexan obxecto de actuacións procesuais, así como a asistencia e vixilancia facultativa das persoas detidas.

Ao ir comprobar As instalación este sindicato, observamos que os espazos son reducidos con falta de luz ao atoparse situados nos baixos do edificio, cheos de humidade o cal leva que os propios traballadores teñen que levar no inverno estufa da súa propia casa, os arquivos onde se gardan os expedientes médicos están colapsados, un deles compartido co baño, cabe citar que este baño pola falta de espazo compárteno tanto homes como mulleres.

Tamén cabe sinalar que os arquivos están cheos, xa non hai onde colocar os expedientes e desde a existencia do presente instituto nunca se chegaron a retirar os xa finalizados.

Pero a situación máis gravosa ao noso entender é a que viven os Médicos Forenses, xa que a falta de espazo obriga que sendo na actualidade catro e nun futuro posiblemente cinco, teñan que compartir o mesmo habitáculo para o recoñecemento dos lesionados, etc. Tendo que saír os outros tres ao corredor mentres dura a asistencia o cal e indignante.

É por todo iso que desde Alternativas-cut solicitamos desa administración o traslado do Imelga a unhas instalacións máis apropiadas ou que poñan os medios oportunos para que os traballadores realicen o seu traballo en óptimas condicións. fotos adxuntas.

Josefa Iglesias de la Campa
Delegada Sindical AXG-CUT