“Isto só se pode solucionar dunha maneira”, explica Pablo Valeiras, do sindicato Alternativas na Xustiza, en referencia á necesidade de habilitar unha segunda unidade xudicial para reducir á metade os tempos de espera e que “os dous días de sala pasen a catro”. E é que agora mesmo a xuíza titular só pode fixar datas para vistas dous días á semana, polo que se antolla imprescindible nomear a outro maxistrado para axilizar os casos.
Etiquetas: Cláusulas solo , Prensa , Vigo